Fondo cabecera Concello de Navia de Suarna

Xuntas de Goberno

A Xunta de Goberno é o órgano municipal que colabora de forma colexiada na función de dirección política que lle corresponde ao alcalde, que é ademais o seu presidente e o encargado de nomear aos seus membros.

Os membros da Xunta de Goberno poden ser ou non concelleiros. En caso de ser concelleiros o seu número non pode superar o terzo dos membros legais do Pleno.

A Xunta de Goberno debe responder ante o Pleno das súas actividades, sen prexuízo de que a responsabilidade destas caia de forma directa sobre cada un dos membros da Xunta. Así mesmo, as persoas que compón a Xunta teñen o dereito de asistir ás sesións plenarias e participar nos seus debates.

Entre as atribucións que lle corresponden á Xunta de Goberno está a aprobación de proxectos relativos a ordenanzas, orzamentos e regulamentos, a aprobación de proxectos de ordenación urbanística previa á súa discusión no Pleno, así como a daquelas cuestións que non estean expresamente atribuídas ao Pleno, e a aprobación da relación dos postos de traballo e as retribucións dos mesmos de acordo ao orzamento aprobado polo Pleno.

Outras atribucións responsabilidade da Xunta de Goberno son: as concesións e contratacións de licenzas, o desenvolvemento da xestión económica e o nomeamento e cesamento dos titulares dos órganos directivos do Concello. Ademais, a Xunta pode levar a cabo acciones xudiciais e administrativas e ten potestade sancionadora.

Información sobre el documento

Concello de Navia de Suarna
A Praza N°1 – 27650 Navia de Suarna - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 365 166 / 982 365 051 | Fax: 982 365 112
E-mail: concello.naviadesuarna@eidolocal.es