Fondo cabecera Concello de Navia de Suarna

Saúdo do Alcalde

Alcalde

Benvidos á páxina web do Concello de Navia de Suarna.

Con esta páxina iniciamos a nosa andadura por internet, coa pretensión de que sexa o instrumento idóneo para facilitar os trámites con esta administración, e o mesmo tempo, para dar a coñecer ao mundo este Concello do que tan orgullosos nos sentimos.

Navia de Suarna é un Concello de montaña, situado nos Ancares Lugueses, incluído na Rede Natura 2000 e distinguido pola UNESCO co título de Reserva da Biosfera.

As proteccións e distincións das que goza, son a súa mellor carta de presentación, garantía da extraordinaria beleza da súa paisaxe, do bo estado de conservación e da riqueza da súa biodiversidade. Conta tamén cun importante patrimonio histórico-artístico, gran riqueza gastronómica, importantes festas e romarías, en definitiva, con alicientes suficientes para poder afirmar que é un concello digno de coñecer.

Dende esta páxina irémosvos amosando retazos da nosa historia, da nosa paixaxe, da nosa riqueza cultural e arquitectónica, da nosa gastronomia, das nosas xentes… e de todo aquelo que conforma a vida e personalidade de esta terra.

Tamén pretendemos acercar o Concello ós nosos veciños, manter con eles un permanente diálogo, para logralo, paulatinamente iremos incorporando expedientes e abrindo a páxina á participación veciñal.

Non quero olvidarme da emigración, daqueles naviegos e fillos de naviegos espallados polo mundo, saúdovos con especial cariño, esta páxina abre o paso á administración virtual, pero sobre todo, vainos permitir estar máis cerca de vos, merece a pena.

Estamos empezando, temos ilusión, ganas de traballar e confianza nas novas tecnoloxías, non dubidedes de que, pouco a pouco, iremos mellorando en beneficio dos nosos veciños e de todos os que nos visiten.

Como Alcalde deséxovos unha feliz navegación pola nosa web.

José Fernández Fernández
Alcalde de Navia de Suarna

Información sobre el documento

Concello de Navia de Suarna
A Praza N°1 – 27650 Navia de Suarna - Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 365 166 / 982 365 051 | Fax: 982 365 112
E-mail: concello.naviadesuarna@eidolocal.es